Canal Rías Baixas

O Presidente da Deputación visita as obras de mellora do cemiterio S. Miguel de Deiro

VILANOVA > O Presidente da Deputación foi visitar as obras de mellora no cemiterio de San Miguel de Deiro nas que a deputación investiu unha importante partida …

…orzamentaria contemplada dentro do plan de acción comunitaria.

Chegou tarde pero chegou. Esta era a consigna máis repetida polas autoridades e veciños da parroquia de S. Miguel de Deiro en Vilanova de Arousa.

O presidente da Deputación , Rafael Louzán quixo esta mañá visitar as obras de mellora e dignificación do cemiterio da parroquia que se atopaba nun estado deficiente. A deputación colaborou cunha importante subvención contemplada dentro do plan de acción comunitaria , destinados a mellora-la pavimentación , alumeado e traballos de drenaxe. Labores que foron levadas ó cabo polos alumnos do obradoiro Valle Inclán I segundo explicou o representante da deputación. Tódolos asistentes incluído ó párroco de S. Miguel puideron comprobar o excelente resultado das obras de saneamento e acondicionado do que xa parece un novo cemiterio.

 

Redacción Salnés

Exit mobile version