…Gonzalo Constenla, na que abordará varios asuntos que son prioritarios para este concello.
Un destes temas será a concentración parcelaria de Lois e nos montes de Ribadumia; que segundo a rexedora se atopan moi atrasadas, un ano e medio despois das promesas de remate do citado delegado. A alcaldesa pretende asistir a esta reunión de contado co delegado de obras e da parroquia de Lois,Jorge Abal, co obxectivo de acadar un compromiso firme de que se vai a rematar esta concentración nestes únicos puntos nos que queda pendente.
Desde o Concello tamén lle queren transmitir numerosas queixas relativas á numerosas gabias que se atopan atascadas con xabre e áridos e de varias entradas de finca que se atopan inaccesibles, co conseguinte prexuízo para os seus propietarios, que non son quen de traballalos. Ademais, varias pistas forestais e municipais que se acometeron recentemente, xa se atopan a día de hoxe cheas de fochancas.
Salomé Peñá tamén ten previsto solicitarlle permiso para canalizar os servizos de sumidoiros e de abastecemento de auga na mesma parroquia de Lois, posto que é un obxectivo prioritario do seu goberno.
Redacción Salnés.