Canal Rías Baixas

Zona Centro propón ó concello cambiar o mercadillo de ubicación

CAMBADOS > Cambados sofre fai anos un problema de aparcamento ao que o Centro Comercial Urbano Zona Centro, ve unha solución…

…no cambio de ubicación do mercadillo, para aproveitalo como aparcadoiro. Propón tamén crear unha zona azul e tanto concello como BNG, non descartan estudar ámbalas dúas propostas

A Asociación de comerciantes de Cambados, Zona Centro leva un tempo propoñendo o cambio de localización do mercadillo do Paseo Marítimo ás zonas semipeonís do centro, co fin de aumentar as prazas de aparcamento e paliar o problema existente en Cambados. Ademais pensa que deberíase crear a zona azul no concello, para crear aparcadoiros con mobilidade.

Esta mañá, o presidente de Zona Centro entrevistouse co alcalde, que xa está revisando o proxecto.

O BNG apoia a proposta de cambio de ubicación do mercado, pero non a ve como solución definitiva e insiste en crear aparcamentos soterrados nas zonas máis céntricas.

Segundo alcalde na última lexislatura creáronse máis de 500 prazas de aparcamento, está previsto facer dous parkings cunhas 60 prazas, e xa ten en mente crear un parking con 500 prazas, na zona da praza de Abastos.

Ademais, levará a cabo unha experiencia piloto demarcando diversas zonas azuis no concello.

Redacción Salnés

Exit mobile version