…apareceu onte morto no interior da súa bodega Valdumia. Foron os mesmos traballadores da nave os que encontraron o seu corpo sen vida nada máis entrar a traballar.
Vicente nacera fai 64 anos de idade na localidade ourensá de Castrelo de Miño, nunha familia de fondas raizame vitivinícola. Alí comercializaban viño do Ribeiro e a súa chegada a Vilagarcía, aló polo 1941, os seus pais abriran un almacén de venda de viño na rúa da Baldosa, chamado La Palomita. Foi de aquí de onde lle ven o nome de familia co que era coñecido popularmente.
Agora este vilagarcián de adopción, deixa muller, catro fillos e dous netos; ademais de varias empresas de renome na comarca do Salnés. A primeira delas é a bodega Valdumia, que comercializaba o reputado viño Albariño da mesma marca. Aínda que tamén posuía a marca Atalfrigo, unha factoría de productos conxelados feitos con derivados do mar situada no polígono industrial de Meaño, e Servarosa, unha empresa manufactureira de peixe en Pontearnelas.
Redacción Salnés.