Canal Rías Baixas

Pedro Piñeiro chama “a consultas” ao Delegado de Política Territorial

RIANXO > O delegado da CPTOP, Alberto González visitou o concello de Rianxo para inspeccionar as deficiencias xurdidas dos traballos de construcción da autovía.

{flowplayer}barbanza/visitadelegadorianxo.flv{/flowplayer}

O desdoblamento da autovía da Barbanza está a causar prexuízos serios nalgunhas parroquias do concello de Rianxo. Ante isto, Pedro Piñeiro púxose en contacto co delegado de Política Territorial e o responsable de obras da empresa adxudicataria para esixir que se tomen cartas no asunto e non se espere ao remate dos traballos para buscarlles unha solución.

Piñeiro aludiu a gran capacidade de aguante dos veciños que asegurou levan meses soportando estas deficiencias. Asemade, o rexedor de Rianxo queixouse da falta de información por parte de Política Territorial nalgúns asuntos que preocupan aos afectados.

 Puxo como exemplo que a meirande parte de eles aínda descoñecen onde se colocarán as pantallas sónicas ou como quedarán finalmente o nivel de inclinación das pendentes nos accesos aos viadutos que cruzan a autovía.

Busca de solucións

Dende a consellería de Política Territorial, o seu delegado na provincia de A Coruña, Alberto González admitiu a existencia do que denominou efectos colaterais da execución das obras pero asegurou que se están a atender con dilixencia todas as reclamacións.

Non é a primeira vez que o delegado de política territorial acude ata o concello de Rianxo por mor das obras da autovía. Xa no mes de novembro realizou unha visita ata os lugares de Te e Monte de Dorna onde mantivo unha xuntaza con varios veciños afectados. Esta mañá desprazouse ata o lugar da Barraca, onde a nova ponte que se está a construir dificulta a entrada en varias vivendas.

González animou a concelleira de parroquias, Marisa Resúa a seguir trasladándolle os problemas que xurden polos traballos de construcción da autovía para poder buscar unha solución ao respecto.

 Redacción Barbanza

Exit mobile version