Canal Rías Baixas

Captoria ensina os seus oficios ós nenos do CPI Progreso

CATOIRA > O Obradoiro de Emprego Captoria, de Catoira, recibiu hoxe a visita destes aplicados alumnos.

{flowplayer}images/salnes/catoira.flv{/flowplayer}

CATOIRA > O Obradoiro de Emprego Captoria, de Catoira, recibiu hoxe a visita destes aplicados alumnos. Un grupo duns sesenta nenos de Educación Infantil do colexio Progreso visitaron as instalacións para coñecer a labor desta escola taller. A visita enmárcase dentro dunha actividade didáctica sobre os oficios que están a traballar estes días nas aulas.

Os cativos tiveron ademais oportunidade de probar algunhas destas profesións. No invernadoiro esperábanlles estas macetas e coa axuda do monitor foron xardineiros por un día. Os rapaces tamén aprenderon a facer masa no módulo de albanelería e algún que outro tomou boa nota para botar unha man nas obras da súa casa. Os nenos pasárono en grande, aínda que o ter que madrugar non sentou tan ben a todos.

Redacción Salnés

Exit mobile version