Canal Rías Baixas

A Autoridade Portuaria contará con ambulancia propia

VILAGARCÍA > A Autoridade Portuaria de Vilagarcía ven de firmar un convenio coa agrupación de Protección Civil da vila no que ámbalas entidades se comprometeron

…a colaborar para ofrecer un mellor servizo ó porto. Unha ambulancia medicalizada ficará no porto de Vilagarcía para as emerxencias e A Autoridade Portuaria cederalle a Protección civil un local de mantemento.

Aínda que a autoridade portuaria de Vilagarcía conta co seu propio equipo de emerxencia, sempre é necesario un reforzo para atallar casqueira situación de emerxencia debido ó número de operacións especiais que se levan a cabo diariamente no porto. Para protección Civil este é un paso máis para aumentar os servizos na vila e poder ter maior capacidade de manobra.

A formación do persoal portuaria en primeiros auxilios e a ambulancia totalmente equipada serán os principais servizos que ofrecerá o colectivo de protección civil

O convenio que terá unha duración de 5 anos recolle a cantidade de 12.000 euros anuais que a Autoridade Portuaria cederá a Protección civil para cubrir os servizos que levarán a cabo. O local acondicionado abrirase a principios de Marzo e estará dotado dun hospital inchable de campaña en caso de emerxencia.

 Redacción Salnés

Exit mobile version