Canal Rías Baixas

A Xunta Directiva provincial do PP analiza os resultados dos comicios

PONTEVEDRA > Esta tarde reuniuse en Pontevedra a Xunta Directiva Provincial do Partido Popular co gallo de analizar os resultados das eleccións

… xerais celebradas este domingo. Unha cantidade de votos que vai a ser escrutada polos distintos membros deste partido, co presidente do PP de G, Alberte Núñez Feijóo liderando o proceso.

Tanto Núñez Feijóo, como o presidente provincial de Pontevedra deste partido Rafael Louzán, coincidiron en valorar moi positivamente estes resultados que supuxeron un notable incremento de papeletas respecto a edición anterior.

Os populares quixeron agradecer este crecemento á cidadanía que depositou a súa confianza no PP, e ós distintos alcaldes, alcaldesas e líderes locais que axudaron neste último mes a facer campaña a prol da candidatura encabezada por Mariano Rajoy.

O cabeza de lista dos populares galegos fixo tamén referencia o vindeiro congreso aberto do partido a nivel nacional no que os afiliados volverán a elixir o seu líder. Unha nova que se completa felizmente,segundo Núñez Feijóo, ca decisión do actual líder dos populares a nivel nacional, Mariano Rajoy, de revalidar a súa candidatura como próximo candidato á presidencia de España. Unha proposta que conta co pleno respaldo dos populares galegos.

Redacción Salnés

Exit mobile version