Canal Rías Baixas

Jorge Domínguez reúnese cos delegados de Educación e Política Territorial

MEAÑO > A Consellería de Educación estudará a desafectación das vivendas dos mestres de Dena. Así llo comunicou o delegado …

… provincial Cristóbal Fernández ó alcalde de Meaño na reunión que mantiveron esta semana en Pontevedra.

Jorge Domínguez explicoulle que estas vivendas están abandonadas ou inutilizadas, agás unha que está habitada por un mestre empadroado e que reside no concello. Alcalde e delegado están de acordo en que é preciso acometer canto antes a desafectación, posto que o deterioro das vivendas prexudica a imaxe do colexio de Dena, e ademais o Concello podería darlles outros usos. Na xuntanza o alcalde acadou tamén o compromiso do delegado para implantar neste colexio o servizo de comedor no vindeiro curso.

Jorge Domínguez tamén se reuniu esta semana coa delegada de Política Territorial. Un dos asuntos a tratar foi a mellora de seguridade viaria na estrada PO-550, no tramo de Coirón, en Dena. O rexedor manifestoulle o seu rexeitamento a este proxecto, pois considera que prexudica os peóns en favor dos vehículos. Así entregoulle á delegada un proxecto alternativo elaborado polo Concello e que inclúe as rotondas de Coirón e Chanca. A delegada manifestoulle o seu acordo para tentar levar a cabo esta proposta.

Na xuntanza tamén se falou da construcción dunha ponte en Xil e da mellora da estrada Valdamor – Pereiras, que soporta o desvío de tráfico por mor das obras da autovía do Salnés.

Redacción Salnés

Exit mobile version