Canal Rías Baixas

O concello de Ribeira licitará esta semana o novo matadoiro

RIBEIRA > O concello licitará esta semana o novo matadoiro municipal. O recinto ocupará unha superficie de mil metros cadrados no polígono de Xarás.

{flowplayer}barbanza/matadoiro.flv{/flowplayer}

A colaboración dos concellos que conforman Arousa Norte e a Deputación da Coruña permitirán a posta en marcha do novo matadoiro municipal de Ribeira que dará servizo os profesionais de toda a comarca.

O proxecto, que será licitado esta mesma semana, conta cun orzamento de 1.358.000 euros, dos cales unha partida de seiscentos mil será achegada pola administración provincial. A contía restante será sufragada polo concello de Ribeira que será o encargado de xestionar as novas instalacións aínda que se trata dun servizo mancomunado no que terán prioridade os carniceiros de Arousa Norte.

Maior capacidade

O novo matadoiro situarase nunha parcela do polígono de Xarás, nas inmediacións do punto limpo, e ocupará unha superficie próxima ós mil metros cadrados. A dotación de medios e equipamentos baseados nas últimas tecnoloxías permitirán incrementar considerablemente a capacidade de sacrifico con respecto ás antigas instalacións da Fieteira nas que se mataban dez cabezas de gando porcino e dez de vacún cada oito horas. Agora, a cifra verase incrementada de 50 a 80reses respectivamente.

Sistema de depuración

Tamén se introducen novidades con respecto ó sistema de clasificación de residuos epara o seu popsterior envío ás plantas autorizadas e mesmo contará cunha depuradora propia para o tratamento das augas residuais.

A posta en marcha das futuras instalación suporá a solución definitiva para os carniceiros do Barbanza que, dende que a Consellería de Sanidade decretara en febreiro de 2006 o peche do matadoiro da Fieteira, tiñan que desprazarse a outros concellos para sacrificar o gando, cos custos adicionais que supoñía. 

Servizos mancomunados

O alcalde de Ribeira e actual presidente de Arousa Norte, referiuse tamén á idoneidade de mancomunar servizos co fin de dar resposta ás necesidades dos veciños deste comarca. O próximo será a construción dunha canceira comarcal.

Redacción Barbanza

Exit mobile version