Canal Rías Baixas

A ABE esixe a apertura do enlace da vía rápida con Catoira

BARBANZA > A apertura total da vía rápida do Barbanza, anunciada para a próxima semana, non cumpre as expectativas dos empresarios da comarca.

{flowplayer}barbanza/queixasabe.flv{/flowplayer}

O presidente da ABE, Carlos Rodríguez, fíxose eco das queixas de numerosos empresarios boireses en relación á posta en servizo da vía rápida do Barbanza. A pesar de que este luns se abría ó tráfico o tramo Ribeira-Boiro e está previsto que todo o trazado estea en servizo a partir da próxima semana, varios enlaces permanecen pechados.

Entre eles, o de Palmeira, o de Pobra Sur que conduce ó polígono da Tomada ou a saída cara Catoira para os vehículos que circulan en dirección Padrón. Isto dificulta a conexión coa comarca do Salnés e obriga a incrementar o tempo de desprazamento coas consecuentes perdas engadidas.

Solucións temporais

Os empresarios boireses non entenden os motivos da Consellería de Política Territorial para manter estes accesos inoperativos polo que piden á administración autonómica que se habiliten accesos temporais para facilitar as comunicacións.

De non ser posible esixen que se lles expliquen as razóns técnicas que obrigan ó peche dos enlaces e que se establezan prazos concretos para a súa apertura.

Dende a ABE expresan abertamente o seu malestar co departamento autonómico de Obras Públicas pola súa falla de sensibilidade xa que os empresarios están a ser un dos sectores máis prexudicados polo peche da vía rápida. Por este motivo esixen que, cando menos, se lles dea unha explicación.

Redacción Barbanza

Exit mobile version