Canal Rías Baixas

Portos do Estado destina 17,5 millóns á terminal intermodal de Vilagarcía

VILAGARCÍA > O porto non para de recibir boas novas. Portos do Estado acaba de incrementar a 17,5 millóns de euros a cantidade …

… que achegará para as obras da terminal intermodal.

Portos do Estado destinará 17 millóns e medio de euros de fondos de cohesión para as obras da terminal intermodal do Porto de Vilagarcía. O Plan de Investimentos recollía só 10 millóns de euros para a extensión da liña férrea ata Ferrazo, a ampliación do peirao comercial e o dragado do canle de entrada e da zona de manobra do porto. Pero agora o financiamento estatal incrementouse nun 75% o que permitirá segundo o presidente arousá Javier Gago axilizar as obras e que a achega do porto sexa menor.

Foi unha das novas que comunicou na última reunión do Consello de Administración. Tamén fixo balance da actividade xerada pola terminal de contedores nos últimos 15 días. Coa chegada dos tres primeiros barcos realizáronse 45 xornadas de traballo, 26 a cargo dos estibadores fixos e 19 dos eventuais, o que supón unha media de quince xornadas por barco. En canto ó movemento de mercancías, descargáronse uns mil contedores, o que vén sendo unhas doce mil toneladas de mercancía xeral.

No Consello de Administración tamén se aprobou o plan de emerxencias e a compra de 500 metros de barreiras anticontaminación e bombas de succión, para evitar calquera vertido de hidrocarburos ou de combustible dos barcos, material que chegará ó porto en setembro.

Redacción Salnés

Exit mobile version