Canal Rías Baixas

Localizan o cadáver dunha anciá ribeiresa flotando nas inmediacións do Touro

RIBEIRA > O cadáver dunha anciá foi localizado esta mañá aboiando a unha milla e media da costa de Ribeira. 

{flowplayer}barbanza/afogadaribeira.flv{/flowplayer}

RIBEIRA > A busca de María Múñiz Otero, unha anciá de Ribeira de oitenta anos de idade, non tivo un final feliz.   O seu cadáver foi localizado esta mañá aboiando a unha milla e media da costa de Ribeira. Ó redor das once e media, membros da tripulación dunha embarcación daban aviso a Salvamento Marítimo da aparición do corpo. 

Operativo de rescate

De inmediato, púxose en marcha o operativo de rescate no que participou a embarción de Salvamar Sargadelos que trasladou o corpo da muller ata a dársena portuaria de Ribeira, que presentaba un forte golpe na cabeza. O operativo concentrou nas inmediacións do porto varias patrullas da garda civil, policia nacional e local de Ribeira e unha ambulacia do 061.

Ó parecer, os familiares da muller xa derán aviso da súa desaparición a policia local de Ribeira na noite de onte logo de que a anciá non regresara a súa vivenda.

Ó redor da unha e media da tarde a xuiza ordeaba o levamento do cadáver. De momento descoñécense as causas da morte da muller, que está a investigar a policia nacional de Ribeira.

Redacción Barbanza

Exit mobile version