O dispositivo de emerxencias dos bombeiros de Boiro tivo que ser activado en dúas ocasión por mor de dúas alertas de incendio. Afortunadamente, en ámbolos dous casos, a rápida intervención dos efectivos fixo que non houbera que lamentar máis que danos materiais.
Vehículo calcinado
O primeiro dos avisos produciase arredor das sete da tarde, alertando dun incendio nun vehículo na rúa Dereitos Humanos. Os bombeiros acudiron de inmediato a sofoca-lo lume que afectou ó motor e parte do salpicadeiro do vehículo, un Seat Ibiza con matrícula M-9068-JM.
{flowplayer}barbanza/incendiocasaabanqueiro.flv{/flowplayer}
Susto en Abanqueiro
Pasada media hora, os bombeiros recibían unha nova chamada por parte dun particular e da policía local de Boiro solicitando medios para a extinción dun incendio nunha vivienda sitiada no número 40 de Exipto, na parroquia de Abanqueiro. Os bombeiros procederon entón a apagar as lapas que afectaban á primeira planta do inmoble. A continuación, ventilaron a vivenda e colaboraron na retirada do material acumulado na habitación afectada. A intervención rematou arredor das nove e media da noite.
Redacción Barbanza