Canal Rías Baixas

Os técnicos elixen a alternativa arco de Sercoysa para a Ponte das Correntes

PONTEVEDRA > Os técnicos municipais escolleron o deseño de Sercoysa, Atlántica e Ogensa para a nova ponte das Correntes, …

… que se construirá entre as pontes da Barca e do Burgo.

A proposta elixida, que coincide coa dos expertos, está valorada en algo máis de 7,2 millóns de euros, ten unha garantía de 5 anos e 5 meses, e un prazo de construción de 2 anos. Este grupo de empresas presentou un deseño, que segundo técnicos e expertos, é a solución mellor no seu conxunto, ó resolver con orixinalidade a permeabilidade dos paseos peonís das súas marxes.

A proposta recibiu a máxima puntuación nas cribas feitas en función da estética, calidade técnica, funcionalidade e mellores dotacións. Segundo lembra o Concello, a Ponte das Correntes axudará a resolver un dos problemas de tráfico máis graves da cidade: o provocado pola escasa operatividade da Ponte da Barca como vía de dúas direccións. A Barca dedícase unicamente a entrar na cidade, e quedan como vías de saída cara ó Salnés e o norte a nova Ponte das Correntes e as vías que atravesan A Caeira e O Vao.

Redacción Salnés

Exit mobile version