Mentres as consideradas “grandes cadeas” se van de vacacións, CANALRIASBAIXAS, no verán realiza un inxente esforzo de cobertura informativa diaria, seguindo polo miúdo todos aqueles acontecementos de interese para a súa audiencia. Tamén contribuíu a este incremento da audiencia a emisión nesta tempada estival do seu coñecido magazine Verán Verán.
En termos concretos, segundo TNS Sofres, durante agosto pasado víronnos cada día unha media de 71.458 telespectadores, e durante setembro nos viron unha media de 66.918, o que confirma unha evolución positiva da audiencia desta canle na tempada 2007/2008, na que renovamos a tódolos presentadores. No tocante ó número de telespectadores diferentes, cabe destacar que en agosto foron máis de 275.600, e en setembro máis de 272.400.
Estes datos de audiencia positivos, sitúannos nunha inmellorable posición de partida de cara as emisións desta canle en TDT; que xa comezaron a estar operativas na canle 27 de UHF.
Redacción Salnés