Canal Rías Baixas

CPTOPT destinará 215 M.€ para obras en Pontevedra

PONTEVEDRA > A revisión do PXOM de Pontevedra xa está en marcha. Política Territorial asinou un convenio co Concello pontevedrés para financiar…

…a metade do custo desa revisión. 558.400 €, que facilitarán a adaptación do planeamento de Pontevedra á lexislación vixente.

Esta mañá o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a Conselleira de Política Territorial, Mª José Caride, asinaron un convenio polo que a Consellería financiará cun 50% do custe total estimado, os traballos de redacción do PXOM. Case 560.000 €. O convenio pretende ofrecer apoio técnico e económico ao concello, a fin de lograr un desenvolvemento urbanístico equilibrado e sostible, para o progreso da cidade.

Amais, a obra completa da variante de Marín, xa licitada con 33 millóns de euros. A glorieta de Ponte Bora-O Pino con 500.000 €. A nova ponte das Correntes con 3 millóns. O acondicionamento da estrada de Pontecaldelas, a variante cinco, que é a conexión Pontevedra- Vigo, a revisión do segundo convenio de transporte metropolitano ou a mellora do acceso ao Hospital de Montecelo. Iniciativas, segundo a conselleira, que supoñen un paso adiante importante na mellora das comunicacións de Pontevedra, cun investimento de 215 millóns de euros. 

Todas estas obras, están licitadas ou en execución. Respecto á PO-531, Caride pide a tranquilidade dos veciños, aos que a semana que ven, mostraráselles o proxecto, no que tiveron en conta as súas alegacións.

No Transporte Metropolitano, negociarán un segundo convenio, no que contemplarán a baixada do prezo do billete, a gratuidade dos transbordos, a liña circular pola cidade, o aumento da frecuencia de paradas e que cunha única tarxeta de transportes, os cidadáns se podan mover por calquera concello.

Redacción Salnés

Exit mobile version