A delegada da Consellería de Traballo na provincia da Coruña, María Debén Alfonso e o rexedor de Rianxo, Pedro Piñeiro clausuraron o obradoiro de emprego “Rianxo” no que se formaron corenta traballadores, a meirande parte deles mulleres, en distintas especialidades.
Formación complementaria
O obradoiro de emprego Rianxo iniciouse a finais do mes de setembro de 2007 co obxectivo de formar a colectivos con dificultades para acceder ao mundo laboral, como mulleres ou parados de longa duración.
Os traballadores do obradoiro Rianxo recibiron formación en catro especialidades: carpintería, xardineria, pavimentador con lastro e albanelería. Así como coñecementos de informática, riscos laborais e sensibilización ambiental e igualdade de xénero. Ademáis, once dos alumnos obtiveron o título de graduado en ESO.
{flowplayer}barbanza/clausuraobradoiroempregorianxo.flv{/flowplayer}
O programa incluíu varios proxectos cun marcado caracter social, que se reflectiron na recuperación do patrimonio e de espazos públicos do rural de Rianxo.
Políticas de emprego
A Consellería de Traballo investiu máis dun millón de euros para fomentar políticas de emprego no concello de Rianxo que se materializaron en programas de cooperación e dous obradoiros de emprego.
Tras a entrega de diplomas, a delegada provincial e o alcalde rianxeiro visitaron o lugar de a Capela onde os alumnos do obradoiro Rianxo realizaron un dos proxectos máis importantes: a remodelación e adecuación ambiental deste núcleo rural coa pavimentación de varias rúas en pedra, a construcción de zonas de aparcadoiro, eliminación de barreiras arquitectónicas e a colocación de mobiliario urbano.
Redacción Barbanza