{flowplayer}barbanza/trazadogasoducto.flv{/flowplayer}
Dende o concello quixeron deixar patente o seu total acordo coa necesidade dun gasoducto que permita achegar o servizo de gas natural ó Barbanza pero apostan por minimizar a afectación no seu trazado. Para elo, solicitarán a modificación do proxecto perante a Consellería de Industria solicitando que o trazado discurra pola autovía do Barbanza. De non ser así, apostan por ubicar a rede na zona xa afectada polo paseo marítimo.
A pesar das discrepancias en canto ó trazado, dende o concello comparten a total necesidade de dotar á comarca do servizo de gas así como da fibra óptica, que conlevará importantes beneficios, especialmente para o sector empresarial.
Barreiras anti-ruído
Outro dos temas que preocupa ó executivo rianxeiro é a reparación das deficiencias derivadas das obras da autovía polo que están en permanente contacto coa consellería de Política Territorial. Unha das principais demandas é a dotación de barreiras antisón nos treitos próximos ás vivendas.
Ampliación Ponte de Té
Con relación á autovía do Barbanza tamén se vai acometer,a medio prazo, á ampliación da rotonda e da ponte de Té, tal e como tiña solicitado o concello para evitar os atascos. Técnicos da Deputación provincial xa se desprazaron ata a zona para estudar as posibilidades de ampliación e mellora da vía. Mentres non se esecuta a obra, construirase unha pasarela de madeira para o tránsito dos peóns.
Redacción Barbanza