Canal Rías Baixas

A Fiscalía arquiva a denuncia contra ‘Vila PSOE’

A ILLA> A Fiscalía Provincial de Pontevedra arquivou a denuncia urbanística contra ‘Vila PSOE’, como se coñece a urbanización da Illa …

{flowplayer}images/salnes/SENTENCIA_VILLAPSOE.flv{/flowplayer}

A ILLA> A Fiscalía Provincial de Pontevedra arquivou a denuncia urbanística contra ‘Vila PSOE’, como se coñece a urbanización da Illa de Arousa na que comprou un apartamento José Blanco, vicesecretario xeral dos socialistas, entre outros cargos do partido.

No seu ditame, a fiscalía conclúe que os feitos denunciados non son constitutivos de ningunha infracción penal, aínda que deixa aberta a vía xudicial para que o denunciante Jorge Carlos Vázquez Varela, poida acudir ó xulgado de instrución competente. Quen si dixo xa que tomará accións será un dos principais prexudicados por este asunto, José Blanco. Así o anunciaba na entrevista concedida a Canal Rías Baixas hai unha semana.

O pasado 9 de xaneiro presentábase a denuncia, argumentando que esta urbanización, situada en Cabodeiro, fora construída en zona protexida, sobre un plan urbanístico presuntamente ilegal, en base a resolucións administrativas inxustas e con ánimo de favorecer só o interese privado. Sen embargo e en base á Lei de Enxuizamento Criminal, a Fiscalía non considera que o plan urbanístico da Illa obedeza a unha confabulación prevaricadora, nin tampouco que se poida deducir a existencia dun delito penal. Esta é a segunda denuncia que arquiva a Fiscalía contra Vila PSOE.

Redacción Salnés

Exit mobile version