Canal Rías Baixas

Máis de trinta comercios participarán na Expoliquidación de Noia

NOIA> A Asociación de Empresarios de Noia está a ultimar os detalles da Feira de Oportunidades que se vai celebrar entre o seis e o oito de marzo .

{flowplayer}barbanza/previofeiraoportunidades.flv{/flowplayer}

Un ano máis, a asociación de empresarios de Noia instalará unha carpa mixta no ximnasio do IES Campo de San Alberto para acoller a súa feira de oportunidades.

Máis de trinta comercios, principalmente de téxtil e calzado, instalarán os seus stands entre os días seis e oito de marzo. A feira permanecerá aberta os tres días en horario ininterrompido polo que os compradores dispoñen de moito tempo para adquirir artigos de primeira calidade a prezos moi interesantes.

Grandes descontos

A patronal aposta por estas datas para a celebración desta feira posto que a moda de inverno soe ter un prezo máis elevado. De aí, a necesidade de introducir descontos que poden chegar mesmo ata o 70 por cento.

Dende a directiva da patronal agardan contar cun gran número de visitantes e que, ó igual que en anos anteriores, a feira sexa beneficiosa tanto para os compradores como para os comerciantes.

Redacción Barbanza

Exit mobile version