Canal Rías Baixas

O BNG fará efectiva a renuncia as súas delegacións nos próximos días

NOIA> Os nacionalistas teñen previsto dar a súa versión oficial sobre o acontecido o vindeiro venres, nunha comparecencia ante os medios.

{flowplayer}barbanza/crisebipartitonoia4.flv{/flowplayer}

Á espera da renuncia oficial no rexistro do concello por parte dos edís do BNG noiés ás delegacións asignadas no pacto de goberno asinado por socialistas e nacionalistas en xuño de 2007, un trámite que podería darse nos próximos días, o desencontro entre as dúas formacións é evidente.

Esta mañá os dous concelleiros do BNG con dedicación exclusiva, Bieito González e Loli Caramés, recollían as súas pertenzas nos, ata o de agora, seus despachos na casa consistorial. Un signo evidente que vén a amosa-lo cisma existente no seo do goberno noiés.

As posturas parecen xa insalvables. Iso si, non queren facer declaracións, ata o venres, data para a que teñen convocada unha rolda de prensa, despois da asemblea local coas bases prevista para mañá.

Na rúa

O conflito entre as dúas formacións xa está na rúa e a opinión dos noieses ó respecto é do máis variado. O que si teñen claro é que os verdadeiros prexudicados por esta situación son os propios veciños do concello.

Falla total entendemento

Do outro lado o Partido Popular. O grupo maioritario na corporación noiesa mira atónito o que está acontecer. O seu portavoz Antonio Pérez Ínsua sinalou que non lle extraña esta situación, pois segundo el, de todos era sabido que existía unha total falla de entendemento entre os dous grupos, ó non coincidir nas fórmulas de goberno. Pérez Ínsua indicou que o pacto asinado entre PSOE e BNG non se produciu en prol do beneficio dos veciños, senón que foi imposto dende os propios partidos políticos, amarrado con dedicacións exclusivas. Segundo el con este goberno bipartito perdéronse dous anos, xa que apenas se fixo nada por Noia.

Non á moción de censura

O que si ten claro Antonio Pérez Ínsua é que o PP seguirá realizando unha opisición leal, velando polos intereses dos veciños, descartando calquera posibilidade de acceder á alcaldía a través dunha moción de censura.

Redacción Barbanza

Exit mobile version