Nova aposta da Deputación pola cultura cunha Bienal de Artes Vivas que no 2026...

A Deputación de Pontevedra aposta por unha nova cita cultural para a provincia. Tralo éxito, din, da recuperada Bienal de Arte este 2025, a institución traballa na organización dunha nova proposta para este 2026: a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra. A programación desenvolverase en xullo de 2026, convertendo Santa Clara nun espazo de creación contemporánea.

Rianxo acolle ata o domingo o Festival Internacional ‘Mares da Fin do Mundo’

Rianxo acolle estes días a oitava edición da Mostra Internacional de Cinema Documental ‘Mares da Fin do Mundo’. A cita, que se desenvolverá ata o domingo, está patrocinada pola Deputación da Coruña, o concello de Rianxo e a Xunta de Galicia.

Carla Simón recolle en Pontevedra o I Premio de Cinematografía do festival Novos Cinemas

A directora Carla Simón recolleu hoxe en Pontevedra o primeiro Premio de Cinematografía que concede o festival Novos Cinemas da cidade. Hai oito anos xa estivera nesta cita, presentando a súa opera prima, Estiu 1993. Deste xeito, a organización do festival recoñece o risco creativo e a coherencia ética e estética da realizadora catalá.

‘Especies varadas’: arte con lixo mariño en Vilagarcía

Xa se pode visitar en Vilagarcía a exposición 'Especies varadas'. Trátase dunha mostra do artista Sergio Ordóñez, que crea arte con lixo mariño. Anacos de cerámica, madeira e, por suposto, moito plástico danlle forma a unha colección de cadros e esculturas nas que os refugallos se transforman en pezas que convidan ao espectador a reflexionar sobre o grave problema do lixo no mar.

Así é a librería que Borjamina, dos Mozos de Arousa, vai abrir en Vilagarcía

Borjamina, dos Mozos de Arousa, vaille dar un xiro á súa vida abrindo unha librería en Vilagarcía. O exconcursante vai empregar os cartos do premio da televisión para converter a desaparecía Follas Novas nun novo espazo dedicado aos libros e á cultura. A súa intención é ir un paso máis alá, creando unha zona para organizar actos culturais, como presentacións, exposicións e mesmo unha parte dedicada aos xogos de mesa. O Mozo de Arousa traballa contra o reloxo para poder abrir a finais deste mes.

O Ballet Clásico Internacional ofrecerá dous espectáculos en Ribeira este Nadal

O auditorio de Ribeira acollerá este Nadal  dous espectáculos do Ballet Clásico Internacional. Será os días 6 e 7 de xaneiro coas obras ‘El Lago de los Cisnes’ e ‘El Cascanueces’. O vindeiro luns, as entradas saírán a venda a un prezo de 35 euros máis gastos de xestión, en ataquilla.es, e de xeito presencial na Oficina de Atención Cidadá do Concello

Os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas achegaranse á edición máis internacional do...

A edición máis internacional do Curtas está a piques de comezar en Vilagarcía. O festival audiovisual comezará o próximo día 24 con máis dun cento de estreas, preto dunha vintena mundiais. Ademais das exposicións, que xa se poden visitar, o Curtas traerá á cidade este ano os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas.

Rianxo celebra esta fin de semana o XVII ‘Rock in Rian’

Todo listo en Rianxo para o arranque unha nova edición, e xa van un total de 17, do Festival Rock in Rian. Será esta fin de semana. O venres 5 e o sábado 6, coa participación dun total de 17 grupos do panorama musical galego. Como cabeza de cartel a banda madrileña Boikot, que actuará o venres a partir das once da noite.

Inaugurada en Ribeira a exposición ‘Sinaladas’ da Deputación da Coruña

A exposición itinerante ‘Sinaladas’ da Deputación da Coruña chega a Ribeira. A mostra, que recupera a memoria de 540 mulleres importantes na historia de Galicia, a través de diversos paneis, foi inaugura esta mañá pola deputada de Igualdade, Soledad Agra, e o alcalde, Luís Pérez Barral.

A Pobra solicita o apoio da Xunta para a posta en valor do castro...

O alcalde da Pobra vén de solicitar o apoio da Xunta para o proxecto de investigación e divulgación do castro da Croa de Posmarcos. Nunha xuntanza mantida co director xeral de Patrimonio Cultural e o director do Servizo de Arqueoloxía da Xunta, o rexedor trasladoulle esta petición, co fin de seguir conservando e poñendo en valor o patrimonio local.

REDES SOCIAIS

38,974FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete