Canal Rías Baixas

A primeira fase do saneamento da Ribeiriña estará lista en xullo

POBRA> Augas de Galicia retomará tras o remate da Semana Santa as obras do proxecto de saneamento da Ribeiriña – Conchido no concello de A Pobra.

{flowplayer}barbanza/saneamentoribeirina.flv{/flowplayer}

O vindeiro trece de abril retomaranse os traballos de saneamento do proxecto da Ribeiriña Conchido no concello de A Pobra. A empresa Proyecón Galicia reiniciará as obras dende a rotonda da Mercé ata o lugar da Ribeiriña.

Esta actuación, financiada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta, iniciouse hai aproximadamente oito meses. Tras un mes de traballos o proxecto paralizouse por mor da construcción da autovía da Barbanza, que obrigaban a manter operativa a estrada comarcal AC 305.

Segundo explicou o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, está previsto que esta primeira fase, orzamentada en preto de cincocentos noventa mil euros remate en tres meses.

Outras actuacións

O rexedor pobrés tamén deu conta doutra serie de actuacións que se iniciaron estes días, como o acondicionamento da rotonda da Mercé no acceso á autovía e construción doutra de similares características que conectará o enlace norte co lugar de Cadreche. O orzamento desta actuación ascende a 350 mil euros e está financiada integramente pola Demarcación de Costas.

Por último, Maceiras anunciou que xa se abriu o periodo de información pública da primeira fase do proxecto de recuperación do bordo litoral da Ribeiriña. O derrubamento destes inmobles abandonados iniciarase a principios deste verán.

Redacción Barbanza

Exit mobile version