{flowplayer}images/salnes/060409_raia_grande.flv{/flowplayer}
Pasaban a penas quince minutos da media noite, cando José Ferro sentiu unha forte picada. Foi entón cando comezou a loita con este animal ata que conseguiron en traelo a terra.
Tanto José Ferro coma seu cuñado saben perfectamente o que van a facer con este gran peixe: xantalo de contado, a poder ser, con patacas novas. José Ferro xa comeza a ser coñecido neste lugar de Paiantes como un pescador de éxito, posto que, malia ser afeccionado, xa non é a primeira gran peza que colle.
Ferro recoñece con modestia que non hai ningún segredo para facerse con estas importantes pezas: mais que ter ganas de pescar e paciencia para agardar.
José e o seu cuñado van a seguir con este hobby como ata o de agora, pescando un ou dous días pola semana e durante a fin de semana. Non descartan volver a ser noticia por un acontecemento similar posto que, tal e como dí, o refrán, pensan que a terceira vai a ser a vencida.
Redacción Salnés