Canal Rías Baixas

O pósito de Aguiño esixe a retirada da gabarra Yamburg

RIBEIRA> A confraría de Aguiño alerta dos danos que pode causar nos bancos naturais a gabarra que permanece varada en Corrubedo dende hai meses.

{flowplayer}barbanza/gabarra.flv{/flowplayer}

O dezanove de xaneiro a gabarra Yamburg quedaba atrapada entre as pedras da praia de Balieiros en Corrubedo por mor dun forte temporal que neses días azoutou a costa.

Malia que xa teñen pasado tres meses dende este accidente, a embarcación aínda non foi retirada do lugar. Nunha primeira inspección realizada tras o choque comprobouse que o barco non supoñía un perigo para o tráfico marítimo nin para a flora e fauna do contorno. Pero, co paso do tempo, o casco da gabarra comeza a oxidarse. Dende a confraría de Aguiño temen que esta ferruxe poida alterar o ecosistema natural dos bancos de bivalvo e percebe que existen nesta zona.

Responsabilidades

O malestar dos mariscadores de Aguiño faise máis evidente nestes días, dado están a traballar nas inmediacións e non poden acceder ao lugar onde está a gabarra, malia existir alí un importante criadoiro de percebe. O patrón maior aguiñés espera as administracións competentes asuman a súa responsabilidade neste asunto o antes posible.

Dende a Capitanía Marítima de Vilagarcía sinalan que é preciso seguir o procedemento para poder retirar a gabarra. Xa se remitiron varios requerimentos ao propietario que se reiterarán nas vindeiras semanas. Se a novas chamadas de atención non xurdiran efectos será o goberno central o que deba facer cargo da retirada e desmantelamento da estrutura da embarcación.

Redacción Barbanza

Exit mobile version