Canal Rías Baixas

A Xunta revisará o proxecto da mellora da seguridade vial na AC-305 na Pobra

POBRA> Manuel Ruíz afirmou que se terá en conta a opinión dos veciños á hora de realiza-la reforma do proxecto.

{flowplayer}barbanza/reunionac305.flv{/flowplayer}

A maioría dos veciños afectados por este proxecto que acudiron á xuntanza esta tarde no salón de plenos do concello pobrés acolleron a nova con gran entusiasmo. De algo serviron as múltiples mobilizacións realizadas en contra do proxecto, ó seu entender desproporcionado, e que provocaría importantes danos nas súas propiedades, xa que en numerosos casos prevía a destrución de peches próximos a vivendas, garaxes e mesmo afectarían a negocios emprazados nas marxes da estrada AC-305.

Opinión dos veciños

Na reunión o portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz, informoulles da xuntanza mantida hai varias semanas co propio Conselleiro, Agustín Hernández, quen lle trasmitiu o seu compromiso de ter en conta a opinión dos veciños á hora de realiza-la reforma do proxecto.

Paralización proxecto

Segundo o propio Ruíz Rivas todo o proceso levado a cabo ata o de agora quedará paralizado.

Redacción Barbanza

Exit mobile version