Canal Rías Baixas

Pontevedra acollerá unha experiencia piloto en España de reconto de votos

PONTEVEDRA> A cidade do Lérez será escenario da experiencia nos comicios europeos do 7 de xuño, xunto con Salamanca e Lleida.

Hoxe presentouse en Pontevedra o modelo de Colexio Administrado Electrónicamente. Unha nova aplicación informática que se vai estrear nos comicios europeos. O novo sistema fará reconto dos votantes que acuden ás urnas e tamén dos votos depositados. Unha labor que, ata o de agora, facía, de xeito manual, os membros das mesas electorais. O director de Política Interior explicou o novo sistema, que se vai instalar nas 105 mesas dos 43 colexios electorais da cidade de Pontevedra.

O reconto de datos será máis rápido e máis preciso, co novo sistema de reconto de votos. Cada partido político estará identificado por un código de barras, impreso nas novas papeletas. Unha vez se cerre a mesa electoral, as papeletas pásanse polo lector óptico incorporado ao sistema. Cando remate o reconto dixital o sistema enviará o resultado da mesa, a tempo real, aos centros de información estatais.

Para facilitar a implantación da nova aplicación, haberá representantes da Administración nos colexios electorais de Pontevedra, durante a xornada de sufraxio.

O proxecto piloto vaise levar a cabo nas cidades de Pontevedra, Salamanca e Lleida. As tres localidades foron escollidas polas súas características demográficas e polo grado de implantación das novas tecnoloxías entre a poboación. Si o proxecto conta co éxito desexado, o novo sistema informático de escrutinio estará implantado na maioría dos colexios electorais, do país, nos vindeiros comicios locais.

Redacción Salnés

{flowplayer}images/salnes/060509_votacion_electronica.flv{/flowplayer}

Exit mobile version