Canal Rías Baixas

Os pais denuncia o deficiente estado do pavillón da Tomada

POBRA> Os pais dos rapaces que entrenan a cotío no polideportivo da Tomada veñen de denunciar as deficiencias que presentan estas instalacións.

{flowplayer}barbanza/deficienciasatomada.flv{/flowplayer}

Este luns, cando un grupo de nenos de entre tres e seis anos do Crocha Club de fútbol, chegaron a entrenar ó polideportivo da Tomada o fedor era insoportable. Esta situación non é nova; por iso os pais demandan que canto antes se solucionen os problemas de cheiros no polígono e se garantan as mínimas condicións de salubridade nunhas instalacións usadas diariamente por nenos.

E é que, segundo os proxenitores, ós malos cheiros procedentes das fábricas súmase a falta dun servizo de limpeza axeitado e o avanzado estado de deterioro do pavillón derivado do escaso mantemento.

Vertidos

Deste problema tamén se fixo eco a agrupación socialista da Pobra que denuncia o grave problema de vertidos industriais existente na Tomada, que din é orixe dos cheiros que se rexistran no pavillón. Por iso, esixen ó alcalde que deixe de permitir este tipo de prácticas e actúe con todo o peso da lei sobre os infractores.

Pola súa banda, fontes municipais desmentiron totalmente as acusacións explicando que o polideportivo da Tomada está en perfectas condicións e por elo é cada vez máis utilizado. Sen ir máis lonxe, a pasada fin de semana as instalacións acolleron o campionato provincial de fútbol sala.

Con respecto ós vertidos procedentes das factorías, o propio alcalde, Isaac Maceiras, anima ós edís socialistas a denunciar a aquelas empresas que segundo eles están vertendo de forma ilegal.

Informe favorable

O rexedor apoiase ademais no informe emitido o día cinco de maio por Acuagest , encargado tras unha denuncia do PSOE sobre supostos vertidos ó río Morto. O documento acredita que, tras unha inspección, ‘non se apreciou ningunha filtración senón que os movementos de terra que se estaban a levar a cabo na zona provocaron unha elevada tuirbidez da auga pero non se trataba de vertidos residuais’.

Redacción Barbanza

 

Exit mobile version