Canal Rías Baixas

Máis de trinta mil persoas visitaron as Festas de Santa Rita

VILAGARCÍA> O éxito da Feira do XIX fará que se convirta nunha celebración independente, con data propia no calendario de festexos.

{flowplayer}images/salnes/260509_raton_santa_rita.flv{/flowplayer}

As Festas de Santa Rita 2009 superaron tódalas expectativas. De acordo coas cifras que baralla a concellería de Cultura, entre o sábado e o domingo máis de 30 mil persoas de toda a comarca se deron cita en Vilagarcía para gozar destas celebracións. A aposta deste ano por ampliar a programación deu os seus froitos, aínda que foi a Feira do dezanove o evento que máis visitantes conseguiu atraer.

É por isto que desde o departamento de cultura xa están a barallar a posibilidade de que este mercado de época se converta nunha celebración independente das Festas de Santa Rita, con data propia no calendario. Antes de decidir ese día, o concello consultará cos comerciantes e hostaleiros de Vilagarcía, ademais dos colectivos que fan deste mercado un evento participativo.

Pero unha vez rematadas as celebracións na honra de Santa Rita, o departamento de cultura está a traballar xa na outra cita destacada para este verán: as Festas de San Roque. Celebraranse entre o 14 e 23 de agosto, e aínda que o edil de Cultura, Xosé Castro Ratón, non quixo dar pistas sobre os eventos que están a organizar, si avanzou moitas sorpresas.

Redacción Salnés

Exit mobile version