Canal Rías Baixas

Os alumnos do Bayón cambian cigarros por caramelos

RIBEIRA> Os alumnos do colexio Bayón saíron á rúa para conmemorar o Día Mundial Sen Tabaco, que se celebrou o pasado 31 de xuño.

{flowplayer}barbanza/clasessenfume.flv{/flowplayer}

Como cada ano, o colexio Bayón de Ribeira colabora co plan de Promoción da Vida sen Tabaco desenvolvido pola Xunta de Galicia. Durante todo o curso, os alumnos desenvolven diversas actividades nas aulas como a elaboración dun lema e diverso material didáctico sobre os riscos do tabaquismo e as vantaxes dunha vida sen fume.

Campaña de concienciación

Todo este traballo culmina nunha xornada na que os nenos saen á rúa para extender a súa campaña entre os veciños. Co obxectivo de conciencialos sobre as nefastas consecuencias dun hábito tan pouco saudable como o de fumar, os nenos intercambian cigarros por caramelos e chapas.

Ademais realizaron enquisas entre os viandantes para coñecer o índice de fumadores e os seus hábitos aínda que sospeitan que non tódolos entrevistados foron sinceiros.

Iniciativas similares á que este mércores acolleu a praza do concello de Ribeira, desenvolvense durante toda a semana en moitas cidades de Galicia, España e Europa, no marco dun programa global por unha vida sen fume.

Redacción Barbanza

Exit mobile version