Canal Rías Baixas

A Xunta espera abrir en xullo toda a Variante Norte

VILAGARCÍA> En xullo podería abrirse totalmente a Variante Norte, segundo indicou hoxe a Consellería de Medio Ambiente.

{flowplayer}images/salnes/VARIANTE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> A circunvalación norte de Vilagarcía está a piques de abrirse na súa totalidade.

Segundo a Xunta, o Ministerio de Fomento está a intensificar os traballos na rotonda de Godos para rematalos en xullo, antes da chegada masiva de turistas. Esta actuación forma parte do novo acceso ó Porto e era o único escollo que tiña a Xunta para poder abrir totalmente a circunvalación. Nestes días, o conselleiro de Medio Ambiento insistiu en Fomento na necesidade vital de rematar canto antes esta obra, máxime cando se bota enriba a tempada estival.

A finais do pasado mes, a Xunta abriu ó tráfico rodado cinco dos 7,6 quilómetros que conforman a variante de Vilagarcía. Cando a glorieta de Fomento estea operativa, a variante norte poderá considerarse unha prolongación da estrada PO-531 de Pontevedra-Vilagarcía ata a PO-548 de Vilagarcía -Catoira.

A previsión da Consellería de Medio Ambiente é que a nova variante permitirá desviar do núcleo urbano de Vilagarcía máis de 2,4 millóns de vehículos ao ano, dos que un 10% corresponden a tráfico pesado.

Redacción Salnés

Exit mobile version