Canal Rías Baixas

Agustín Hernández presenta mañá o deseño do macro enlace de Curro

BARRO> Medio Ambiente citou a través do BOP ós veciños afectados polas obras de construción do macro enlace de Curro.

{flowplayer}images/salnes/no_curro_meis.flv{/flowplayer}

BARRO> A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas citou a través do Boletín Oficial da Provincia ós veciños afectados polas obras de construción do macro enlace de Curro.

Os encontros serán para proceder ó pago das expropiacións das fincas que é necesario ocupar para executar o proxecto. As obras afectarán a terreos situados nos concellos de Meis e Barro. As primeiras citas faranse na casa consistorial de Meis do 20 ó 22 de xullo, entre as dez da mañá e a unha da tarde. Para o día 23 entre as 10 e as 12 están convocados os veciños de Barro, tamén na casa do concello.

A Consellería confirma que xa hai un novo trazado listo e que será presentado publicamente mañá. Nun comunicado, o departamento que dirixe Agustín Hernández indica que o novo deseño responde ás demandas formuladas para mellorar os accesos á zona industrial e a canalizar os tráficos dos polígonos previstos na zona cara as vías de alta capacidade que conflúen neste punto.

O macro enlace de Curro permitirá conectar a autoestrada AP9 coa autovía do Salnés, coa futura autovía entre Vilagarcía e Pontevedra e coa PO-531 que será reformada. O proxecto xa fora adxudicado polo bipartito antes do cambio de goberno o que espertara as protestas dos afectados, pero o PP decidiu paralizalo para darlle un novo enfoque.

Sobre este e outros asuntos falará o luns o conselleiro en CanalRíasBaixas. Agustín Hernández participará nun Pleno Aberto especial que se emite o luns ás once da noite.

Redacción Salnés

Exit mobile version