Canal Rías Baixas

Un mozo de 19 anos aparece morto no encoro do Umia

MORAÑA> A zona na que se atopou o corpo é de difícil acceso, e non apta para o baño.

{flowplayer}images/salnes/270709_morto_morana.flv{/flowplayer}

Eduardo Taboada Méndez tiña 19 anos e era veciño de Moraña. Ó parecer saíra da casa na noite do venres e, ó ver que non regresaba, a súa irmá decidíu acudir ás dependencias da Garda Civil de Cuntis para denunciar a súa desaparición. Foi onte, a primeira hora da mañá. Pouco tempo despois, o 112 alertaba da aparición do mozo no encoro de A Baxe.

O coche do rapaz localizouse a uns tres quilómetros de distancia do punto no que apareceu morto. Trátase dunha zona de difícil acceso, non apta para o baño, polo que se descoñece cómo puido chegar ata alí o corpo.

A investigación deste suceso está en mans da Policía Xudicial. En principio non se descarta ningunha hipótese, e será a autopsia a que rebele a causa e circunstancias da morte. Este incidente vense a sumar a un fin de semana negro na comarca, xa que tamén onte, un home de 50 anos veciño de Vilagarcía precipitábase sobre unhas rochas en Punta Corbeiro, Sanxenxo mentres pescaba. O home foi rescatado e trasladado a un centro sanitario de Pontevedra con politraumatismos no corpo e a cara. Non correu a mesma sorte o veciño de Vilaxoán que hai máis dunha semana foi atropelado por un coche mentres circulaba pola beirarrúa. Logo de pasar varios días en coma finalmente faleceu.

Redacción Salnés

Exit mobile version