Canal Rías Baixas

O Auditorio acolle un foro de atención sanitaria en accidentes viarios

VILAGARCÍA> Protexerse, avisar e socorrer son os tres pasos a seguir no caso de atoparse cun sinistro na estrada.

{flowplayer}images/salnes/290709_xornada_intervencion_accidentes.flv{/flowplayer}

A seguridade viaria en Vilagarcía foi a protagonista dunha xornada formativa no Auditorio Municipal. Baixo o título "Intervención e prevención sanitaria nos accidentes de tráfico", o foro tivo como fin explicar os pasos claves a seguir á hora de asistir ás vítimas dun sinistro.

Un dos aspectos nos que se afondou é a actitude que se debe adoptar ante o ferido e as posibles lesións que posúa.

A xornada foi organizada polo Centro de Formación Viaria Sálvora en colaboración coa concellería de Cultura de Vilagarcía. O cursos, gratuíto, estaba aberto a todo o público, e nel participaron unhas corenta persoas. Ademais das charlas informativas a cargo de expertos, tamén se organizou un simulacro de excarcelación de accidentados.

Como remate da xornada organizouse un debate para repasar o aprendido ó longo do día.

Redacción Salnés

Exit mobile version