Un bo susto levaron os clientes que almorzaban na cafetería Lugar Novo, emprazada na rúa Galicia en Noia. Contra as oito da mañá un incendio calcinou por completo a cociña do local e causou importantes danos materiais na interior da cafeteria e no almacén, estrangando a mercadoría que esta alí gardada. As lapas inicíaronse nunha tixola que estaba ao lume, onde o propietario do local fritia churros para o almorzo.
No seu intento por tratar de sofocar as lapas, o propietario resultou ferido con queimaduras de segundo e terceiro grao na cara, nos brazos, no peito e nas costas. Rapidamente foi trasladado ao centro de saúde da localidade e posteriormente derivado ao Hospital Clínico de Compostela. A última hora da mañá regresou ao seu domicilio onde se repón das feridas causadas polo lume.
{flowplayer}barbanza/incendiocafeterianoia.flv{/flowplayer}
Ata o lugar do incendio desprazaronse efectivos do Grumir e da policia local de Noia, que conseguiron controlar o lume á media hora de iniciarse. O denso fume que invadiu o local obrigou a desaloxar as vivendas superiores para ventilar o edificio. Malia todo, ningún veciño resultou intoxicado pola fumareda e as poucas horas regresaron as súas casas.
Na espera de que un perito cuantifique os danos producidos polo lume, Manuel Magán xa é consciente que pasarán varios meses ata que poida reabrir o seu local.
Redacción Barbanza