Canal Rías Baixas

Aguiño mobilízase en contra da macrodepuradora

RIBEIRA> Na mobilización celebrada este pasado sábado participaron centos de persoas que se negan á ubicación desta instalación nun dos espazos naturais máis ricos do municipio.

{flowplayer}barbanza/manifetaciondepuradoraaguino.flv{/flowplayer}

‘Depurar sí pero non así’. Este foi o lema baixo o que se celebrou a mobilización convocada hai unha semana nunha xuntanza mantida entre as entidades de Aguiño. Con esta protesta, tódolos colectivos con representación na parroquia queren expresar o seu rexeitamento ó anteproxecto da EDAR de Ribeira que contempla a construción dunha única planta no lugar de Couso. De xeito pacífico, pero ó grito de consignas de protesta esixiron que non se hipoteque o futuro da parroquia e que se opte por un sistema de depuración baseado en varias estacións. Para chamar a atención sobre a súa situación, a maioría dos asistentes acudiron ataviados con paraugas e mesmo con máscaras, lembrando outro desastre que afectou gravemenbte á parroquia como foi o naufraxio do Prestige.

Lectura manifesto

A protestas finalizou coa lectura dun manifesto a cargo do patrón maior da confraría de pescadores de Carreira e Aguiño, Xosé Manuel Oujo, avogando pola necesidade de depurar pero mediante un plan operativo baseado no consenso que non conleve unha carga tan elevada para a parroquia. Esta non é a primeira vez que o pobo de Aguiño se levanta en contra deste proxecto. Hai dous anos xa se realizara unha marcha similar para expresar a oposición á creación da depuradora no contorno dunha área protexida. Agora, aínda que dende a Consellería de Medio Ambiente comprometéronse a valorar alternativas e elaborar un estudo de impacto ambiental, os afectados decirdiron seguir adiante coa mobilización coa fin de presionar ás administracións para que teñan en conta as súas demandas.

Redacción Barbanza

Exit mobile version