Canal Rías Baixas

A Estación Marítima estará lista antes do próximo verán

VILANOVA> A terminal para o transporte de viaxeiros emprazarase na antiga lonxa do peirao da Motora e comunicará por mar ó municipio coa Pobra.

{flowplayer}images/salnes/visita_pte_portos_vilanova.flv{/flowplayer}

Vilanova contará cunha estación marítima para o transporte de pasaxeiros na Ría de Arousa. Na reunión que mantiveron o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana e o alcalde vilanovés, Gonzalo Durán, estudaron as características deste novo proxecto.

O edificio remodelado contará cunha pequena sala de agarda para pasaxeiros, un despacho de billetes, aseos, unha pequena zona de expositor e oficinas. Esta estación marítima facilitará o transporte de pasaxeiros entre Vilanova e a Pobra do Caramiñal, nun tempo estimado de 20 minutos.

A obra conta estar rematada para o inicio do próximo verán e permitirá a creación dun servizo que vai resultar moi positivo en canto ó turismo, sobre todo para o vindeiro ano Xacobeo. Álvarez-Campana tamén se comprometeu á ampliación e mellora da actual lonxa, ubicada no porto de Vilanova, coa fin de lograr unha mellora tanto nas condicións de traballo e seguridade para os usuarios, como na superficie de venda e comercialización.

Redacción Salnés

Exit mobile version