Canal Rías Baixas

Ribadumia recibe máis de 600.000 € do Plan de Investimentos Provincial

RIBADUMIA> A construcción dun tanatorio, a mellora da seguridade viaria na estrada que une o Freixo con Leiro e a reforma do pavillón municipal son as…

{flowplayer}images/salnes/271009_ribadumia_plan_anticrise.flv{/flowplayer}

… tres actuacións que se van a acometer en Ribadumia grazas ó Plan de Investimento da Deputación. Estas actuacións son de vital importancia para este concello; e serán posibles grazas ó antedito plan trianual de inversións do ente provincial. O tanatorio, ate o de agora inexistente neste Concello, suporá unha inversión de case 454.000 euros. A súa ubicación definitiva será a parroquia de Ribadumia.

A outra das actuacións, afectará ó pavillón deportivo de Ribadumia, no que se aplicarán 200.000 euros; que serán achegados a partes iguais pola Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Por último o consistorio ribadumiense decidiu presentar un proxecto ante a Deputación destinado á optimización da seguridade viaria na estrada xeral que vertebra este Concello. As melloras do pavillón deportivo comezarán xa nesta anualidade, namentres que o tanatorio e as beirarrúas empezarán a executarse no vindeiro ano.

Redacción Salnés

Exit mobile version