Nun acto organizado polo BNG comarcal no Colieseo Noela de Noia, Guillerme Vázquez, respostou as preguntas formuladas por un grupo de xornalistas que habitualmente cubren a información na comarca de Muros-Noia.
{flowplayer}barbanza/guillermevazqueznoia.flv{/flowplayer}
Entre os temas abordados, como non podía ser doutro xeito, os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2010 que veñen de ser presentados. Na súa intervención o portavoz nacional do BNG criticou as diminucións de partidas para investimentos, o que suporá un novo retraso a proxectos importantes para esta comarca como é o caso do saneamento da ría. Tamén se referiu ó descenso nas partidas destinadas a Sanidade e a Educación.
Fusión Caixas de Aforros
Guillerme Vázquez tamén fixo referencia ó especial interese que ten o goberno presidido por Núñez Feijoo de privatizar. Así aludiu á introducción de capital privado na sanidade.
Tamén se referiu ó debate existente sobre a fusión das caixas de aforros. Guillerme Vázquez reclamou un cambio na lei de caixas para tratar de mante-la súa galeguidade e que a toma de decisión nestas entidades sexa tomada en Galicia. Así apostou tamén pola súa democratización, e porque estas apoien ás empresas galegas na concesión de créditos, así como ós particulares.
Na súa visita a Noia o líder dos nacionalistas estivo acompañado polo responsable comarcal, Manuel González, e os concelleiros do BNG de Noia, Bieito González e Loli Caramés.
Redacción Barbanza