Canal Rías Baixas

Vilagarcía: 47 ordes de protección no que vai de ano

VILAGARCÍA> No día internacional contra a violencia de xénero, en concellos como no de Vilagarcía, celebráronse concentracións contra o maltrato.

{flowplayer}images/salnes/25N_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

Segundo se desprende do informe do Centro de Atención á Muller, entre novembro de 2008 e outubro de 2009, realizáronse 668 consultas, das que 97, foron motivadas por situacións de malos tratos.Destas, o 44,3% foron realizadas por mulleres inmigrantes. Isto demostra a elevada vulnerabilidade deste colectivo, que acada case a metade das consultas atendidas por situacións de violencia.

Son importantes e alarmantes os datos referidos á idade. O 45,3% das consultas por violencia de xénero foron realizadas por mulleres menores de 25 anos. Dende a concellería de Muller de Vilagarcía, avógase por seguir incidindo, e mesmo, incrementar, as medidas educativas de sensibilización e información cara a mocidade.

Respecto ó nivel de ingresos, a maior parte das mulleres reciben salarios situados entre os 300 e os 600 euros. Con esta fraxilidade económica é necesario que as respostas e os recursos sexan áxiles.

Na actualidade hai en Vilagarcía 66 ordes de protección en vigor, das que 47 foron ditadas este ano. Asemade, tramitouse o Salario da Liberdade a nove mulleres. Por outra banda, hai 13 mulleres con servizo de protección por XPS.

 A violencia de xénero é unha grande lacra social e todos xuntos, debemos loitar para acabar con ela. Tolerancia cero para o maltrato e os maltratadores.

Redacción Salnés

Exit mobile version