{flowplayer}barbanza/derrubemurocabio.flv{/flowplayer}
Operarios da empresa Tragsa acometen estes días a mellora do muro de contención existente a carón da praia de Cabío, que actúa de suxección do paseo marítimo existente.
Ante o perigo de que o derrubamento fora a máis o executivo loval alertou á Demarcación de Costas en Galicia que á maior celeridade posible decidiu actuar con urxencia. Segundo informaron do propio concello todo apunta ás intensas chuvias caídas ó longo das últimas semanas como principal causa do problema.
A actuación a realizar non só se limitará a levantar a parte do muro caído, senón que se levará a cabo unha intervención maior, coa finalidade de reforzar aínda máis as paredes de contención e evitar futuros desprendementos. Dende o executivo pobrés confían en que as obras estean rematadas nas próximas semanas.
Redacción Barbanza