Canal Rías Baixas

Fernández Lores: ‘Pontevedra é unha cidade moi segura’

PONTEVEDRA> A Xunta de Seguridade de reuniuse esta mañá para estudar os datos de delincuencia.

{flowplayer}images/salnes/SEGURIDADE_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

O subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, reuníronse cos principais responsables da policía local e nacional. Nese encontro, estudáronse os datos delincuencia deste ano e se compararon con períodos anteriores. Segundo Miguel Anxo Fernández, Pontevedra é unha cidade moi segura.

En canto á violencia de xénero, o estudo describe un descenso das denuncias así como das ordes de protección. Para terminar con esta lacra social, decidiuse crear unha mesa multidisciplinar como prevención.

 Delfín Fernández destacou que aumentaron o esclarecemento de delitos e a taxa de detidos, por enrriba da media española.

O alcalde e o subdelegado están moi satisfeitos cos datos e apuntaron que a mellora da seguridade débese ó maior número de policías, á súa preparación e á colaboración entre corpos de seguridade.

Redacción Salnés

Exit mobile version