Canal Rías Baixas

650 alumnos participan no Parque Infantil de Tráfico en FEXDEGA

VILAGARCÍA> Preténdese crear bos hábitos para seguir avanzando na mellora da seguridade viaria.

{flowplayer}images/salnes/PARQUE_INFANTIL_TRÁFICO.flv{/flowplayer}

A Fundación Fexdega colabora con este programa educativo poñendo as súas instalacións a disposición do Concello. Como novidade, este ano o parque conta con máis superficie e vehículos para practicar, grazas á cesión do parque móbil da Dirección Xeral de Tráfico. A DXT tamén despraza un monitor para colaborar nas sesións prácticas do circuito.

Os alumnos participan en dúas sesións. A primeira, consiste nunha clase teórica de circulación de vehículo e de peóns. Despois da charla, os pequenos puxeron en práctica o aprendido pilotando un kart, conducindo unha bicicleta e actuando como peóns.

Dende a concellería de Educación, preténdese crear bos hábitos para seguir avanzando na mellora da seguridade viaria.

Os nenos recoñecen que utilizaran as normas aprendidas cando vaian pola estrada e recordaranlle ós pais aquelas que igual teñen un pouco olvidadas.

Redacción Salnés

Exit mobile version