Manuel Tomé puxo como exemplo os traballos de empedrado da rúa San Xosé de Portosín, que están parados dende hai semanas. As obras deberían estar rematadas, xa que foron subvencionadas a cargo da primeira fase do Fondo Estatal Anticrise.
Tomé di que a actuación non pode seguir adiante namentres non se solucione o conflicto existente entre a promotora dun inmoble e os titulares dun acuífero soterrado que subministra agua a dúas vivendas.
Exemplo de descontrol
Para o edil popular o actual bipartito é incapaz de tomar medidas para buscar unha solución a este problema e, en troques diso, explicou, adícase “a botar lixo” sobre a xestión do anterior goberno popular, culpabílizándoo de “todo o que eles agora non son quen de resolver”.
Ademáis, Tomé Piñeiro fixo duras críticas á xestión que a edil de obras, a nacionalista Ánxela Franco, está a realizar nesta concelleria. Segundo advertiu Manuel Tomé está área da súa competencia é un exemplo de descontrol o que está a derivar en enfrontamentos entre as dúas agrupacións políticas que conforman o goberno de Porto do Son. Pensa que o mellor que pode facer a titular de Obras "e deixar de decir tonterias nos medios de comunicación e poñerse a traballar". Tamén tivo duras palabras para os traballadores deste departamento, aos que acusou de non cumprir os seus horarios e "de estar tomando café e lendo o xornal durante máis de media mañá nos bares do concello".
{flowplayer}barbanza/ppsoncriticasobras.flv{/flowplayer}
Resposta municipal
Pola súa banda, dende o concello, a tenente de alcalde, Ánxela Franco afirmou con rotundidade que no bipartito sonense non existe ningún tipo de conflicto, nen tan sequera un mínimo debate sobre a xestión nas área de competencias designadas.
A edil fixo fincapé en que dende que se incorporou a concellería de OIbras e Servizos, hai pouco máis dun mes e medio, a meirande parte dos operarios tiveron que coller vacacións atrasadas, xa que anterior executivo non estableceu un calendario laboral, circunstancia que reduciu significativamente o cadro de persoal. Asemade, engadiu "que neste momento bastante se está a facer tendo só unha varrendeira, un fontaneiro e un xardineiro en activo".
Por último, sentenciou Franco, o partido popular debería deixar de eludir as súas responsabilidades e aceptar dun vez, os erros cometidos durante o tempo que gobernou en Porto do Son.
Redacción Barbanza