Canal Rías Baixas

A CENDLB cre que o decreto do galego aumentará o fracaso escolar

RIBEIRA> A Coordinadora de Normalización Lingüística do Barbanza organizou un acto para rexeitar ó borrador do decreto do uso das linguas no ensino.

Docentes, alumnos e pais interviron nesta charla coloquio que se desenvolveu no IES nº 1 de Ribeira e que tiña como obxectivo dar a coñecer a súa postura sobre o futuro decreto do uso das linguas na ensinanza que está redactando a Xunta de Galicia. Consideran que a norma está a ser elaborada con criterios políticos, allea á realidade dos centros que actualmente imparten as clases en galego e castelán sen ningún conflito. Unha cuestión que a comunidade educativa ve con moita preocupación.

{flowplayer}barbanza/coordinadoradecretogalego.flv{/flowplayer}

Para os docentes integrados na Coordinadora, o borrador presenta graves prexuízos para o galego xa que entenden que non está normalizado polo que precisa dunha presenza máis ampla que o castelán no ámbito educativo.

Promoción do galego

Din ademais que está a incumprir a lexislación vixente, posto que o propio Estatuto de Galicia establece a súa promoción e acusan ó goberno de utilizar a introdución do inglés como coartada para desprazar ó galego.

Consideran dende a Coordinadora que hai outros xeitos de promover o plurilingüismo sen deixar fóra unha das linguas maternas. Ante todos estes factores pensan que a aprobación deste decreto tería consecuencias moi negativas para os alumnos.

Os propios alumnos avalaron tamén esta postura coa súa intervención explicando que actualmente aprenden as dúas linguas nun contexto de total normalidade.

Redacción Barbanza

Exit mobile version