Canal Rías Baixas

Concentracións para reivindicar a equiparación laboral

VILAGARCÍA> O persoal de limpeza do Hospital do Salnés para reivindicar igualdade co persoal non sanitario. Os traballadores afirman que esta equiparación dáse no resto dos hospitais do SERGAS.

{flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_HOSPITAL.flv{/flowplayer}

O persoal de limpeza sinala que prestan servizos no hospital do Salnés dende fai 9 anos, rexidos por un convenio de edificios e locais. Fai máis de un ano, deixou de ser unha fundación para pasar á rede hospitalaria do SERGAS, coa conseguinte equiparación do persoal. Sen embargo, denuncian que no seu caso no se está a cumprir esa igualdade.

Os traballadores sinalan que os horarios que están a facer non se axustan ós indicados no convenio.

Dende o sindicato UXT, afírmase que se mantiveron varias reunións coa xerencia do hospital do Salnés, pero a resposta que reciben é que os entenden pero que non hai cartos para poder realizar a equiparación.

Os representantes do sindicato, solicitaron unha reunión en Santiago cos responsables de Sanidade. As concentración van continuar ata mediados de abril.

Redacción Salnés

Exit mobile version