Canal Rías Baixas

O Parlamento apoia a realización de visitas guiadas en Torre Xunqueiras

POBRA> O Parlamento aprobou unha iniciativa presentada polo PSdeG para que se faga efectiva a apertura ó público do Pazo de TorreXunqueiras.

{flowplayer}barbanza/visitastorrexunqueiras.flv{/flowplayer}

A proposición non de lei presentada polo deputado socialista, Xosé Manuel Lage, saíu adiante co apoio unánime da corporación. PP e BNG respaldaron a proposta dos socialistas para instar á Xunta a que faga cumprir a Lei de Patrimonio Cultural, viabilizando as visitas mínimas, catro ó mes, en días e horarios prefixados.

Deste xeito, propoñen a elaboración dun calendario con datas e horarios, a incluir tamén nas guías de promoción turísitca, para que os cidadáns coñezan de antemán cando poden visitar o pazo.

Dinamización turística

A aprobación desta iniciativa foi moi ben recibida na Pobra xa que entenden que será un factor de dinamización turística ó ampliar a oferta cultural da que dispón o municipio.

Conciliación de intereses

Sen embargo, hai quen entende que o respecto á propiedade privada prima sobre o interese cultural que poida espertar o inmoble.

Neste punto, a iniciativa defencidada polo deputado socialista recolle a necesidade de combinar o respecto á propiedade provada e os intereses dos lexítimos propietarios co cumprimento da Lei de Patirmonio Cultural de Galicia.

Redacción Barbanza

Exit mobile version