Canal Rías Baixas

Rueda compromete o apoio para mellorar varias dependencias municipais

POBRA> O Conselleiro de Presidencia visitou o concello da Pobra para coñecer varios proxectos que o executivo vai acometer co apoio do seu departamento.

{flowplayer}barbanza/visitaconselleiropresidenciapobra.flv{/flowplayer}

O salón de plenos da casa consistorial da Pobra quedouse pequeno para acoller ó gran número de persoas que quixeron saúdar ó Conselleiro de Administracións Públicas. Empresarios, responsables de entidades sociais, membros da corporación e unha gran representación dos corpos de Protección Civil e da Policía Local, que quixeron agradecer coa súa presenza o interese amosado polo responsable autonómico na mellora da dotación destes corpos.

Mellora das instalacións

De feito, un dos proxectos presentados polo concello é a reposición do porche, que foi elimnado durante as obras de remodelación da casa do concello, e a reparación da cuberta das dependencias da policía municipal. Esta actuación suporá un investimento de preto de 39 mil euros.

Alfonso Rueda aproveitou a súa visita para coñecer o arquivo municipal onde se van instalar doce módulos compactos para o almacenamento de fondos cun investimento de 48 mil euros.

Apoio ós concellos

Tras comprometer o financiamento para estas dúas actuacións, o Conselleiro de Administracións Públicas expuxo a intención de seguir atendendo as peticións destes concellos que é cando máis o precisan. De aí, o mantemento do Fondo de Cooperación Local a pesar do difícil momento económico.

Durante a súa visita, o conselleiro asinou no libro de honra do concello e recibiu o escudo de prata da Pobra como recoñecemento á súa colaboración.

Redacción Barbanza

 

Exit mobile version