{flowplayer}barbanza/visitaminassanfinx.flv{/flowplayer}
Calquera persoa que se achegue estes días ata o vello poboado mineiro de San Finx comprobará cambios sinificativos. Os edificios alí existentes están a ser rehabilitados grazas ó arduo traballo levado a cabo nos últimos meses polos alumnos do obradoiro de emprego posto en marcha polo concello de Lousame en colaboración coa Consellería de Traballo. Uns cambios que puido comproba-la secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, durante a visita realizada ó complexo.
Aínda así queda moito por facer, polo que dende a ARD Ría de Muros Noia piden de novo a implicación da Xunta para que o proxecto de musealización previsto siga o seu curso.
Neste sentido Carmen Pardo anunciou que a Administración Autonómica prevé investir proximamente ó redor duns 200 mil euros que serán empregados no acondicionamento do vello cuartel.
Promoción turísitca
Logo da visita a Xunta directiva da ARD Ría de Muros Noia celebrou unha reunión de traballo á que tamén asistiu a propia Secretaria Xeral de Turismo. Na xuntanza os representantes da entidade supramunicipal incidíronlle a Carmen Pardo na necesidade de levar a cabo unha serie de iniciativas de cara a promoción turística desta zona
A Secretaria xeral de Turismo referiuse á idoneidade do proxecto de musealización das minas de San Finx que acababa de visitar, como un exemplo do que hai que facer para converter un espazo nun elemento singular dende o punto de vista turístico.
Redacción Barbanza